"No puede haber noción de luz si no se ha penetrado en la tiniebla ...."

8 de febrero de 2008



"Non pode o poeta prescindir do medio en que vive e da natureza que o rodea, ser alleo ó seu tempo e deixar de reproducir, hastra sen pensalo, a eterna e laiada queixa que hoxe exhalan tódolos labios... E libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que aflixe ós nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente de traballo no noso país".







Rosalía de Castro reflicte nos seus poemas a miseria do pobo galego,a inmigración que sofre a súa terra e a vivencia dos labregos.

Dignifica a nosa cultura, a Galiza, mediante poemas cheos de sentimento, dunha verdade que encolle o corazón.



En cada verso atópase unha visión intimista dos seus propios medos, desexos, do seu mundo e da súas vivencias.



Cando percorre a minha mirada as palabras que forman os seus poemas, atopo un sentimento de orgullo, de dignidade pola minha terra, tanto tempo desprezada, infravalorada...



Persoalmente, os poemas en castelán chegan a desprender moita beleza, sentimento, actitude, pero cando atopo cun poema escrito en galego, podo sentir recunchos da terra, das costumes que reviven na ialma, das paisaxes e dos sons que percorren cada extensión de pura raza.

E, sí, síntome demasiado extasiada coa cultura galega, síntome enchida de admiración e de orgullo pola beleza das nosas palabras, da nosa forma de expresión, sempre cun sentido, como dicilo, dende a experiencia.

A través das nosas verbas exhalamos moitos anos de represalia, de doenza, a través delas reflectimos una dor que non adormece, e, ás veces esas verbas, coma os toxos, pican, sobresáen na súa revolución;
Outras, desprázanse tan fermosas coma música, cun misticismo agochado en cada recuncho, coma se as palabras se tornasen finísimos fíos de prata, delicados, fermosos.

E que, é tan doado expresarse en galego, esta lingua que é puro sentimento, que recolle a experiencia e a dor, coas alegrías das festas e romarías.

Eu recordo cando os meus avós, que agora, menos que antes, aínda seguen a contarnos algunha que outra anécdota do seu tempo, coa súa maneira de falar, a única, a natal, coa que se desenvolveron, coa que creceron, expresan sentimentos que de outra maneira nos se poderían nin sequera apreciar se se recitasen en castelán. Con isto quero dicir que a lingua galega vai ligada coa experiencia da terra, dos labregos e dos mariñeiros, coas romarías, coas costumes e tradicións, con todo un mundo que perdura, ás veces agochado, outras florecente, pero sempre ahí, esperando a ser de novo utilizado, esperando a reflectir o sentimento de un pobo traballador.

Pero hay algo que tamén me enche de tristura, xa que a poboación galega é bilingüe, e isto implica a aparición de castelanismos, o que estropea a beleza da fala.
Eu non podo dicir que nunca dixen algún, claro que os dixen, xa que esas palabras modificadas implantáronseme coma outras verdadeiras. O problema é que forzado o pobo galego a desprestixiar a súa lingua, obrigados a falar o castelán sen poder decidir, moitas palabras se modificaron, e xa non hai costume de falar en galego.
Desgraciadamente eu falo cos de fóra en castelán, pero teño a gran sorte de ter unha familia criada nas aldeas, rodeada da fala, que non deixa atrás o súa natureza.
Dame vergonza cando atopo cunha persona maior falando, de forma forzada, cun acento nervioso, cunhas palabras atropeladas o castelán cun médico, cun avogado ou con alguén "importante", sentíndose inferiores por falar a lingua do pobo.
Férveme o sangue, por iso é costume minha falar SEMPRE en galego, en especial con profesionais de renome, con médicos, avogados ou o que sexa. Porque reivindico que unha lingua non ten prestixio, non ten estatus nin ten diñeiro para sobornar, gobernar e marxinar.
Unha lingua síntese no peito, nos beizos, na caluga, nas masn e nos pés.

Que por iso o galego desprende tanta forza, porque é a lingua que reflicte.


Con todo isto gustaríame que algún que otro (por desgraza moitos) pensase antes de xulgar, de cometer errores de antano, a lingua da terra na que naceu, da terra na que probablemente os seu avós, ou tataravós se enriqueceron, na que padeceron e da que se sentían orgullosos e ultraxados.

Se un non sinte a súa lingua moi fondo que non intente destruíla, porque non só estará a destruír os seus orixenes, senón tamén a oportunidade de enriquecer o pensamento dos seu fillos, dos que virán, e da memoria dos que foron.

Ante todo respeto.


"Minha terra galega... Vivamos como galegos!!"


Aquí deixo este vídeo de Gadis que causou furor, xa que todo o que di é ben certo, e tamén teño que dicilo, case todo o mundo que o viu, incluíndome a min e ás minhas irmáns, case choramos da emoción.
Collín esta versión na que o subtitulan en castelán, para que os de fora poidan entender cata maxia desprenden esas palabras.
E unha cosua é certa, non somos feos, somos riquiños ^^ e para min, un domingo sen Aldea ¡¡non é un domingo!!

Disfrutádeo.

No hay comentarios: